martes, 12 de julio de 2011

domingo, 29 de mayo de 2011

HISTORIAL

A Asociación Cultural Castro Candad de Chantada foi fundada no ano 1995, có ánimo de promocionar e difundir a Música Galega, creando o grupo de gaitas do mesmo nome, despois de dous anos de actividade este grupo de gaitas integrouse na Banda de Gaitas de Chantada , desaparecendo a actividade da mesma.
No ano 2003 antigos membros desta asociación deciden retomar a súa actividade, crean unha nova xunta directiva, actualizan os seus estatutos e integran no seu seo a Orquestra de Acordeóns Alameda, que viña funcionando dende o ano 1999, creando asimesmo unha escola para o aprendizaxe deste instrumento. Esta Orquestra formada polos acordeonistas Miriam, José Manuel, Tais, Xosé Lois e Quique á batería, leva oito anos actuando con grande éxito por toda Galiza.
Outro feito importante nesta asociación, prodúcese no ano 2007, coa integración do Grupo de Gaitas Os Barrios, sen dúbida o grupo de gaitas mais antigo de Galiza en actividade, xa que foi fundado no ano 1894, sen deixar de tocar nunca. Este grupo pasaba por dificultades por mor da avanzada idade dos seus membros e, a raíz da sua integración na asociación, volve a coller pulo
coa integración de novos membros, estando abertos a ensinanza da gaita para quen queira sumarse ó grupo.
ASOCIACIÓN CULTURAL CASTRO CANDAD
Presidente:Xosé Lois Rodríguez Nóvoa
Enderezo: Rúa Fontearcada 7,4ºB. Chantada 27500 (Lugo)
Teléfono :982441344 / Móvil 650446610

sábado, 17 de octubre de 2009

jueves, 10 de abril de 2008

GRUPO DE GAITAS CASTRO CANDAD


A Orquestra de Acordeóns Alameda, pódese transformar nun grupo de gaitas, ou misturar as gaitas cós acordeons, có cal a festa xa e completa

GAITAS E ACORDEÓNS